Unha vez máis, a Asociación de traballadores mineiros de Touro e O Pino – da que formamos parte máis de 700 persoas do entorno máis próximo á mina – vémonos na obriga de defender a nosa profesión, a nosa dignidade e o noso sector. Ante as reiteradas acusacións dunha plataforma que, incansable, repite as súas mentiras unha e outra vez ata que consiga que semellen verdade, queremos aclarar que nós, coa verdade por diante, defendemos un proxecto viable, elaborado por profesionais galegos de diferentes ámbitos (xeoloxía, minas, enxeñaría…) que tamén defenden a súa terra, Galicia, e fan o seu traballo con total rigorosidade e excelencia.
Defendemos un proxecto, unha forma de vida que supón o sustento actual de 250 familias, e potencialmente de 400 máis, e, como non pode ser doutro xeito, respectamos todas as opinións, e non podemos máis que estar de acordo na necesidade de esixir ás autoridades competentes para que velen polo cumprimento da lexislación, e da estrita normativa europea en materia medioambiental.
Non obstante, nós, como profesionais, non entendemos outro xeito de facer o noso traballo que non pase pola total excelencia. Non entendemos esa desconfianza cara ao noso traballo por parte da plataforma, e, moito menos entendemos, que repitan falsidades tales como que os informes son contrarios ao proxecto, unha e outra vez para xerar desconfianza e alarmismo xeral. Os informes solicitan información sobre determinadas cuestións, ás que a empresa lles da resposta. E iso é o que estamos facendo: aclarar ante a administración e ante a cidadanía todas as cuestións que se requiran sobre os detalles do Proxecto.
Son moitas xa as acusacións completamente falsas e mentiras por parte de diferentes plataformas antiminería e asociacións que, un día están protestando polo peche de empresas industriais e, o día seguinte, protestan contra a apertura dun proxecto industrial. Por iso, unha vez máis pedimos que se nos deixe facer o noso traballo. Que se esixan garantías, si, e que se revise de xeito constante o cumprimento da lexislación, si, pero que respecten a nosa profesión e a nosa profesionalidade. Porque nos tamén queremos e respectamos por riba de todo a nosa terra, porque queremos vivir nela, e vivir dela.