A Asociación de Mineiros Touro-O Pino reuniuse para celebrar a festividade da súa patroa Santa Bárbara en Touro, polo lugar pasaron durante a noite preto de 4.000 persoas. Durante a celebración, os asistentes reclamaron que
promotores e administracións axilicen os trámites para retomar o proxecto mineiro de Touro-O Pino dando así impulso a unha comarca cunha tradición mineira de máis de 100 anos. Todos os asistentes mostraron un profundo desexo de poder reunirse no ano 2024 cun proxecto mineiro aprobado.
Ao encontro, que tivo lugar na sala Dona Dana de Touro, acudiron veciños e veciñas da comarca, asociacións veciñais, clubs deportivos, representantes de empresas e tamén sindicais, ademais da directiva da Asociación.
A Asociación quixo facer un recoñecemento e tamén unha reivindicación da historia mineira da comarca cunha festa que incluíu cena, música e fogos artificiais.
No acto tomou a palabra Javier Balado, presidente da Asociación, quen agradeceu a asistencia e o apoio recibido por toda a xente presente. Balado realizou unha petición a todas as partes implicadas no proxecto Touro-O Pino
para que traballen en transparencia e boa fe. Tamén destacou a importancia do diálogo da Asociación coa compañía Cobre San Rafael, que conseguiu un plan integral de actuación sobre as augas da antiga mina. Javier finalizou o seu
discurso animando a gozar da noite de celebración. Pola súa parte, Venancio Salcines, en representación de Cobre San Rafael, puxo o foco na importancia  do proxecto da mina de Touro-O Pino: “Durante este tempo celebráronse máis de 140 reunións, sendo unha compañía volcada coa sociedade”. Puxo de manifesto o desexo de ser un proxecto de referencia da minería sostible tanto en Europa coma no mundo. Ademais, comunicou que a Xunta realizará unha simplificación administrativa de 11 meses para obter canto antes unha resolución. Por último, Fran Méndez, Secretario de Cambio de Modelo Produtivo e Sostibilidade de CCOO explicou que o que se necesita agora  mesmo son proxectos innovadores que garanticen o futuro sendo conscientes de que ese futuro pasa por confiar na industria para a creación de emprego.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad