Mostramos o noso apoio aos Parquistas de Carril OPP89, representados por José Luis Villanueva, tras coñecer polo artigo de Faro de Vigo os problemas internos que están a ter na Confraría entre o sector crítico e José Luis Villanueva.
O sector crítico tamén está enfrentado á Confraría que ven necesario prescindir da súa secretaria por suposta “falta de confianza nos avogados e procuradores que asisten xurídicamente á Confraría”.
Este sector crítico, que perdeu as eleccións, participou xunto a plataforma antimina nas protestas do Día da Ameixa contra a concesión do premio a Cobre San Rafael.
O mesmo artigo comenta que os Parquistas, con esta problemática, están valorando saír fóra da Confraría, o que suporía a súa desaparición, xa que a contribución da OPP-89 aos ingresos totais é maioritaria. En concreto, dos 8.740.000 € facturados pola lonxa,
OPP-89-Parquistas (José Luis Villanueva): 8.106.000 €
Marisqueo a pie: 139.000 €
Marisqueo a flote: 253.000 €
Neste artigo tamén se comenta que entre os “detractores históricos” de Villanueva hai persoas que chegaron a traballar para a Confraría e foron cesadas das súas funcións por “cometer accións ilícitas”, polo que se cre que “algúns só os move as súas ganas de vinganza”.

La cofradía de Carril vuelve a tambalearse

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad