A Asociación de Mineiros Touro O Pino reuniu onte pola noite a numerosos amigos e simpatizantes nunha festa, na localidade de Touro, na tradicional festa de Santa Bárbara, patroa dos mineiros. Ademais dos asociados, ao evento acudiron representacións das organizacións do tecido social da contorna incluíndo a asociacións veciñais, sindicatos e empresarios, entre outras.

A asociación quere agradecer o compromiso co seu obxectivo a todas os que asistiron á reunión, na que chegaron a xuntarse 2.000 persoas no momento de maior afluencia. Un gran éxito considerando que os municipios de Touro e O Pino suman uns 8.200 habitantes

Á celebración, adiada no seu día por mor da pandemia, quere reivindicar o traballo da minería como unha ocupación moi digna e vital para a sociedade e para a nosa comarca. O alto número de participantes onte, é proba de que a maioría dos seus veciños queren apostar pola prosperidade que supón volver producir metal para xerar emprego e riqueza na nosa contorna. A foto de onte é a foto dunha maioría que xa non é silenciosa e di un SI moi forte ao progreso, que esperamos chegue aos oídos dos que teñen que tomar as decisións.

A xuntanza comezou con varios discursos de personalidades relevantes como Javier Balado, presidente da Asociación, que agradeceu a asistencia e o apoio á entidade que mantiveron sempre os veciños e animou a desfrutar deste día de celebración. Despois dos saúdos e presentacións protocolarias chegou a música. O concerto deste día tan especial para os mineiros estivo protagonizado pola orquestra Los Satélites e o grupo Os Carismáticos.

A cidadanía cada vez máis utiliza tecnoloxía que require de minerais, e unicamente poden conseguirse a través da extracción. A minería é modernidade, é progreso e é traballo. A nosa comarca ten unha necesidade imperante que reindustrialización, polo que dende a AMT queremos aproveita-la festa para reclamar á volta das actividades mineiras, cos novos modelos extractivos a minería converteuse nunha industria sostíbel para a natureza.

O mellor exemplo de esto é  as obras que Cobre San Rafael está a facer para a depuración das augas da antiga mina. Un programa para a veciñanza sen recibir nada a cambio, totalmente desvinculada de calquera outra actividade da compañía. Esa é a minería que desexamos: comprometida, para a xente, ecolóxica e compatíbel co medio ambiente. Por iso dicimos moi claramente desde a Asociación que ou futuro dá  nosa comarca está tamén na minería e coa forza que recibimos onte dos nosos veciños, non imos parar ata conseguilo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad