O 11 de xullo representantes da Asociación de Mineiros de Touro – O Pino estivemos presentes na sesión plenaria ordinaria do Concello de Touro onde, no punto oito da mesma, se tratou a moción do BNG contra a reapertura da mina de Touro. Tras unha exposición de todos os grupos políticos presentes realizouse unha votación. O resultado deixou claro o posicionamento da maioría e a moción non saiu adiante.

Os máis de 1.800 membros da Asociación de Mineiros de Touro – O Pino agradecemos o apoio a este proxecto tamén desde o propio Concello de Touro, un proxecto que seguiremos defendendo para impulsar o desenvolvemento socio-económico a longo prazo da nosa comarca e a recuperación ambiental definitiva dos terreos da antiga mina.

Por outra banda, desde a Asociación queremos manifestar en nome de todos os socios/as e veciños/as deste concello aos que representamos, o noso profundo malestar polo posicionamento do alcalde de Touro, rexeitando o proxecto mineiro; pois como máxima autoridade do concello, consideramos que o seu deber é representar os intereses xerais de toda a cidadanía, non só os dun grupo en particular. Contemplamos inadecuada a decisión do alcalde de Touro de rexeitar un proxecto que supón un impulso socioeconómico e de recuperación ambiental definitiva, pois entendemos que é importante considerar todas as perspectivas e opinións antes de tomar unha decisión de tal magnitude.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad