A Asociación de Mineiros Touro O Pino continúa impartindo a formación xunto coa empresa Cobre San Rafael.
O mércores día 8 de febreiro en horario de 8:30 a 14:30 horas nas instalacións de FINANZAUTO en A Coruña impartirase o I Seminario de Mantemento e Operación de Maquinaria Caterpillar. A Asociación conta para a celebración deste seminario coa colaboración de FINANZAUTO, unha empresa multi-industria con servizo en toda España.
Aquel interesado ou interesada pode inscribirse a través do teléfono da Asociación.