Desde a Asociación Mineros Touro O Pino queremos manifestar que as obras de restauración dos pasivos da antiga mina están en proceso, polo tanto haberá que agardar ao remate das obras para ver o resultado final coas augas en óptimas condicións.
Agora que se está restaurando a zona despois de máis de 30 anos, sorpréndenos ver publicacións como a do PSOE de Touro, afirmando conclusións anticipadas sobre o estado actual das augas da contorna, e pedímoslle que deixen de antepoñer os intereses políticos aos intereses xerais da nosa comarca.
Convidamos á portavoz do PSOE de Touro e aos veciñ@s que teñan interese, a visitar os avances das obras e obter información de primeira man sobre o proceso de restauración por parte dos técnicos expertos que traballan no proxecto.
#mineriasostenible #mineriasostible #MinaSI