Asociación de Mineros Touro – O Pino, entidade social que representa a máis de 1.000 veciños do municipio de Touro, O Pino e comarca, despois da nota de prensa emitida por a dirección da Plataforma de Defensa da Ría de Arousa (PDRA) quere facer as siguientes aclaracions: A Asociación De Mineros Touro – O Pino levamos tempo traballando da man da empresa promotora e das cofradías de pescadores e mariscadores, e outros actores produtivos da zona, para achegar posturas e ter a oportunidade de mostrar a compatibilidade de ambas actividades a través de documentación científica que posúe a empresa. As conversas foron fructíferas e é unha sorpresa triste que apareza agora esta información, o que nos fai dubidar da verdadeira representatividade do sector do Mar que ten esta PDRA. Esiximos a PDRA que se absteña de interferir no futuro da nosa comarca e a súa necesidade de desenvolver actividades como a posta en valor do depósito de cobre que alberga.
En ningún caso a PDRA representa a veciñanza da nosa comarca, nin ten que conceder ningunha licenza social a un proxecto que está a 80 km da Ría. Do mesmo xeito, dubidamos do interés da Plataforma Mina Non, que din representar a nosa veciñanza e que está composta por persoas que non son da comarca, en participar de este comunicado. A non ser que sexa por interés político. Así, podemos constatar que tras as acusacións infundadas e mentiras da PDRA se esconde unha obvia motivación política: os estudos presentados no seu momento por a empresa promotora demostran ás claras que a mina histórica ten CERO influencia na calidade das augas da Ría, como afirma un amplo estudo de máis de tres anos feito por o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) onde as súas conclusións son cristalinas. Tamén volven mentir dicindo que os informes de Augas de Galicia acerca do proxecto son demoledores: nin sequera son negativos e se limitan a reclamar unha información máis detallada para asegurar o 100% que non haberia afectación as augas. Isto pódese contrastar moi fácilmente consultando estes informes. A PDRA tamén fala na súa nota de unha inminente catástrofe nas presas de Riotinto ou nas existentes en Touro, e teñen a desfachatez de achacar esa opinión a un organismo como é o IGME (CSIC). Pois ben, desde esta Asociación retamos a que nas próximas 24 horas a PDRA faga públicos esos informes onde aparecen tales opinións. As dúas presas levan décadas construidas e non presentan nin presentaron ningunha sinal de inseguridade.
Afirman tamén que a restauración da mina histórica debe facerse antes da apertura: outra absurda incongruencia; é IMPOSIBLE facelo. Si se restaura non se pode abrir a mina e NINGUNHA empresa vai a invertir nunha restauración de 50 millons de euros nunha afección feita por un terceiro fai 40 anos. E menos para non obter un rendemento posterior, porque iso é imposible. Que prentenden, que non se restaure nunca? Que o paguemos todos os galegos? Esta postura, nin e boa para Touro e O Pino nin para a Ría. Neste sentido, sorpréndenos que se fagan afirmacións como a de que a Ría está contaminada con un metal de alta toxicidade como e o mercurio, poñendo en dúbida a seguridade alimentaria dos excelentes produtos da Ría de Arousa que todos os disfrutamos. Do mesmo xeito, e con respecto as afirmacións de que as instalacións de xestión de residuos que esisten na nosa comarca son responsables de problemas na calidade das augas da Ría, toca lembrar o sacrificio que esta comarca fai por este e outros sectores productivos galegos, pois nos nosos concellos recollemos candidades enormes de residuos da industria conserveira e das depuradoras do entorno da Ría. Que farían con eles se un día non lles permitíramos que se depositaran na nosa comarca? Por todo isto, permitímonos avisar os compañeiros e compañeiras traballadores do Mar sobre algunas malas compañías, que cegados por o seu afán político son capaces de xogar co sustento das familias, tanto as de Touro e O Pino como as da Ria de Arousa, as que din representar. Por parte de esta Asociación, seguimos traballando tanto para que a empresa promotora que quere investir na nosa terra 300 millons de euros e crear 1.200 empregos, como a Xunta de Galicia como todos os estamentos sociais, científicos e políticos, atopemos unha visión común para facer deste proxecto industrial unha realidade. Por isto loitaremos ata as últimas consecuencias e esperamos que os nosos compañeiros e compañeiras do sector do Mar nos axuden e nos apoien.