A Asociación de Mineros Touro – O Pino, entidade social que representa a  máis de 1.000 veciños do municipio de Touro, O Pino e comarca, despois da  nota de prensa emitida por a dirección da Plataforma de Defensa da Ría de  Arousa (PDRA) quere facer as siguientes aclaracions:

  • A Asociación De Mineros Touro – O Pino levamos tempo traballando da man  da empresa promotora e das cofradías de pescadores e mariscadores, e  outros actores produtivos da zona, para achegar posturas e ter a  oportunidade de mostrar a compatibilidade de ambas actividades a través de  documentación científica que posúe a empresa. As conversas foron  fructíferas e é unha sorpresa triste que apareza agora esta información, o  que nos fai dubidar da verdadeira representatividade do sector do Mar que  ten esta PDRA.  
  • Esiximos a PDRA que se absteña de interferir no futuro da nosa comarca e a  súa necesidade de desenvolver actividades como a posta en valor do  depósito de cobre que alberga.
  • En ningún caso a PDRA representa a veciñanza da nosa comarca, nin ten  que conceder ningunha licenza social a un proxecto que está a 80 km da  Ría. Do mesmo xeito, dubidamos do interés da Plataforma Mina Non, que  din representar a nosa veciñanza e que está composta por persoas que non  son da comarca, en participar de este comunicado. A non ser que sexa por  interés político.
  • Así, podemos constatar que tras as acusacións infundadas e mentiras da  PDRA se esconde unha obvia motivación política: os estudos presentados  no seu momento por a empresa promotora demostran ás claras que a mina  histórica ten CERO influencia na calidade das augas da Ría, como afirma un  amplo estudo de máis de tres anos feito por o Instituto de Investigacións  Mariñas (CSIC) onde as súas conclusións son cristalinas. Tamén volven  mentir dicindo que os informes de Augas de Galicia acerca do proxecto son  demoledores: nin sequera son negativos e se limitan a reclamar unha  información máis detallada para asegurar o 100% que non haberia  afectación as augas. Isto pódese contrastar moi fácilmente consultando  estes informes.
  • A PDRA tamén fala na súa nota de unha inminente catástrofe nas presas de  Riotinto ou nas existentes en Touro, e teñen a desfachatez de achacar esa  opinión a un organismo como é o IGME (CSIC). Pois ben, desde esta  Asociación retamos a que nas próximas 24 horas a PDRA faga públicos  esos informes onde aparecen tales opinións. As dúas presas levan décadas  construidas e non presentan nin presentaron ningunha sinal de inseguridade.
  • Afirman tamén que a restauración da mina histórica debe facerse antes da  apertura: outra absurda incongruencia; é IMPOSIBLE facelo. Si se restaura  non se pode abrir a mina e NINGUNHA empresa vai a invertir nunha  restauración de 50 millons de euros nunha afección feita por un terceiro fai  40 anos. E menos para non obter un rendemento posterior, porque iso é  imposible. Que prentenden, que non se restaure nunca? Que o paguemos  todos os galegos? Esta postura, nin e boa para Touro e O Pino nin para a  Ría.
  • Neste sentido, sorpréndenos que se fagan afirmacións como a de que a Ría  está contaminada con un metal de alta toxicidade como e o mercurio,  poñendo en dúbida a seguridade alimentaria dos excelentes produtos da Ría  de Arousa que todos os disfrutamos. Do mesmo xeito, e con respecto as  afirmacións de que as instalacións de xestión de residuos que esisten na  nosa comarca son responsables de problemas na calidade das augas da  Ría, toca lembrar o sacrificio que esta comarca fai por este e outros sectores  productivos galegos, pois nos nosos concellos recollemos candidades  enormes de residuos da industria conserveira e das depuradoras do entorno  da Ría. Que farían con eles se un día non lles permitíramos que se  depositaran na nosa comarca? 

Por todo isto, permitímonos avisar os compañeiros e compañeiras traballadores  do Mar sobre algunas malas compañías, que cegados por o seu afán político  son capaces de xogar co sustento das familias, tanto as de Touro e O Pino  como as da Ria de Arousa, as que din representar. Por parte de esta  Asociación, seguimos traballando tanto para que a empresa promotora que  quere investir na nosa terra 300 millons de euros e crear 1.200 empregos,  como a Xunta de Galicia como todos os estamentos sociais, científicos e  políticos, atopemos unha visión común para facer deste proxecto industrial  unha realidade. Por isto loitaremos ata as últimas consecuencias e esperamos  que os nosos compañeiros e compañeiras do sector do Mar nos axuden e nos  apoien.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad