𝐎𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝟏.𝟖𝟎𝟎 𝐦𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐨-𝐎 𝐏𝐢𝐧𝐨 𝐞𝐬𝐢𝐱𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐑𝐚𝐟𝐚𝐞𝐥 𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐢𝐭𝐞 𝐬𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐢𝐝𝐞𝐨𝐥𝐨́𝐱𝐢𝐜𝐚𝐬

De novo, estamos a vivir un episodio de manipulacións e mentiras por parte dun sospeitoso sumatorio de colectivos que non representan á maioría da cidadanía dos nosos Concellos. Ante tal acción, que non pretende máis que impoñer cuestións ideolóxicas en tramitacións administrativas que deben ser tidas en conta baixo criterios técnicos, pregamos que, ao igual que non lles dicimos a outros do que teñen que vivir, nos deixen aos veciños e veciñas vivir dos nosos recursos de xeito responsable e sostible. Por iso, queríamos deixar claro o seguinte:
• Esiximos de forma pública que se teña en conta á xente real, aos máis de 1.800 membros que forman parte da Asociación, e non a colectivos anti, en contra do proxecto, que se apoian nun conglomerado de supostas asociacións conformadas por persoas que, ben non son de aquí, ben son as mesmas ao fronte de moitas organizacións.
• Pedimos á sociedade que o proxecto final poida ser valorado durante a fase de exposición pública baixo criterios técnicos. É imposible que estes supostos colectivos puideran avaliar un proxecto que non é público. Ante isto, só se pode chegar a unha conclusión: dálles igual o proxecto, a oposición é ideolóxica e, unha vez máis, o proxecto quere ser utilizado como arma política.
• Queremos manifestar, en base aos datos de emprego e inversión que nos trasladou a empresa, o noso apoio público para que sexa declarado proxecto industrial estratéxico.
• En decembro de 2023 celebramos un evento no que participaron preto de 4.000 persoas que puideron asistir a unha presentación previa do proxecto de Cobre San Rafael. Polo tanto, estase intentando transmitir á cidadanía que hai uns plans ocultos que non existen.
• A Asociación ten acompañado á empresa en decenas de reunións con colectivos, cidadáns e empresas durante os últimos meses. Nestes encontros puidemos coñecer os avances no deseño do novo proxecto.
• Tamén queremos subliñar que a empresa está a cumprir os acordos que, no seu día, se trasladaron desde a Asociación: promover a creación de sinerxías industriais, facer efectivo o compromiso de CSR de solucións de pasivos mineiros da antiga explotación, certificar o vertido CERO de augas sen tratar ao río Ulla e ríos da contorna, compromiso de contratación e formación dos veciños e veciñas (con varios cursos realizados, superando as 150 persoas formadas nos distintos traballos).

Por último, e non menos importante, reiteramos a nosa petición para que nos deixen vivir dos recursos cos que contamos na comarca, sempre cumprindo a lei e de forma responsable e sostible, igual que nós deixamos vivir aos demais sen dicirlles como teñen que actuar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad