A planta de tratamento das augas que Cobre San Rafael construíu para limpar as augas da antiga Mina de Touro e O Pino comezou as primeiras probas. Coma acaba de iniciar a súa actividade, polo momento o traballo da planta de saneamento está sendo en circuíto pechado, é dicir, o proceso de limpeza non se deposita no leito público.

A planta de tratamento ten como principal obxectivo acabar cos pasivos ambientais herdados da antiga mina, que cesou a súa actividade fai 35 anos conforme ao estándar ecolóxico da época, moi diferente ao actual. Cando todo o proceso de calibración remate e sexa validado por Augas de Galicia, a auga filtrada por fin volverá aos regos da mina en perfectas condicións. Esta acción de Cobre San Rafael para limpar as augas e a contorna da mina supón unha nova aposta pola sostibilidade, e unha actuación previa desvinculada de calquera outra actividade da empresa.

A compañía mineira continúa coas obras de canalización e recollida das augas da propia mina para que non entren en contacto cos minerais. Esta rehabilitación, que supuxo un investimento que supera os 1,9 millóns de euros, está entrando na fase final de construción.

O proxecto total de saneamento das augas encóntrase en pleno rendemento, e aínda que queda a metade do tempo proxectado para a súa finalización, os primeiros resultados xa están á vista de todos: ademais da planta de depuración, as obras inclúen a construción dun gran canal de drenaxe que evite que as augas teñan contacto co depósito de estériles e, polo tanto, acabe nos regatos situados arredor da mina.

Tamén se está a abordar a xestión das augas acumuladas no histórico oco mineiro de Vieiro, que serán bombeadas cara a planta de tratamento para optimizar a súa calidade antes de ser devoltas ao leito público. O traballo de Cobre San Rafael para construír unha contorna saudable que respecte medioambientalmente o seu hábitat “é total; a posta en funcionamento da planta non é máis cunha nova demostración da súa aposta pola industria sostible e a restauración da mina antes de comezar calquera outra actividade”, din.

PROXECTO A empresa Cobre San Rafael propón unha operación mineira “moderna e sustentable” para volver producir cobre na histórica mina os próximos 15 anos. O investimento supera os 200 millóns de euros para xerar máis de catrocentos empregos directos.

Trátase polo tanto dun proxecto mineiro e de restauración ambiental que está baseado na minería de transferencia, un método este que permite a restauración e a integración na contorna de ocos mineiros de forma paralela á explotación e que difere dos métodos antigos.

 

Noticia de https://www.elcorreogallego.es/concellos/en-marcha-a-planta-de-tratamento-para-limpar-as-augas-da-vella-mina-GO11792343?fbclid=IwAR0rQAb7WlN2VsqAHRctI2ujfo2ms6VuWVpU_4FhLMNtmS4Svu_clXuz2gk

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad