O Pino, 14 de marzo – A Asociación de Mineiros Touro – O Pino vén de renovar os acordos establecidos no ano 2021 coa Cámara Oficial Mineira de Galicia e ARIGAL despois de dous anos colaborando co obxectivo de promover unha minería sostible, eficiente e profesionalizada.

O acordo coa Cámara Oficial Mineira de Galicia renóvase un ano máis coa finalidade de seguir colaborando para defender a dignidade da industria e do sector mineiro como profesión, especialmente na zona de Touro e O Pino. Ambas entidades reiteraron o seu compromiso por defender o desenvolvemento dunha minería sostible, aproveitando racionalmente os recursos a través do emprego das prácticas máis modernas e respectuosas co medioambiente.

Así mesmo, a Asociación de Mineiros Touro – O Pino intégrase un ano máis na plataforma pola formación profesional no campo mineiro que promove ARIGAL coa finalidade de impulsar a implantación en Galicia dunha formación profesional de calidade para os traballadores do sector mineiro.

Desde a Asociación quíxose obsequiar a estas dúas entidades polo seu labor apoiando a este sector.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad